Lugo, 28 de decembro de 2021. A vicepresidenta da Deputación de Lugo valorou a aprobación no Pleno provincial das bases do Plan Único de Cooperación con Concellos, que permitirá que os concellos poidan planificar desde o principio do ano actuacións concretas con eses fondos que ascenden a un total de 21.5 millóns de euros.
Maite Ferreiro subliñou que “se dá continuidade a unha política de reparto equitativo de fondos que beneficiará á veciñanza de todos os concellos e que, un ano máis, se artella nos prazos axeitados para que as entidades locais poidan dispoñer dos recursos desde principios da anualidade”
As bases aprobadas recollen os criterios de distribución do Plan Único entre os concellos, determinando un mínimo de 150.000 euros e un máximo de 500.000, e establecendo como criterios de ponderación a poboación (40%), as entidades de poboación (25%), a superficie (20%) e o índice de envellecemento (15%).