Burela, 20 de decembro, 2021. O pivote Jonathan Levi Augusto non continuará defendendo o Pescados Rubén Burela FS. O brasileiro e o club mariñán chegaron a un acordo para a baixa do xogador con data de hoxe.
Levi chegou ao Pescados Rubén para estrearse na liga española como unha das catro novidades do equipo de Riquer para 2021-22.
A Familia Laranxa agradece todo o seu traballo ao ata o de agora 77 burelista durante estes meses e deséxalle o mellor na súa traxectoria.