Mondoñedo, 30 de decembro, 2021. A proba está organizada pola asociación xuvenil Xoldra de Mondoñedo. A proba, de carácter popular e lúdica, celébrase o día 31 de decembro ás 16:30, coa saída dende a praza do concello. Discorrerá polas rúas do pobo. Os beneficios irán destinados á Asociación Española contra o cancro, en concreto á sección de investigación e loita contra o cancro de mama.