Como vén sendo habitual nos últimos anos, polas datas de Nadal o grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) organiza unha gala benéfica coa fin de recadar fondos para Cáritas. Este ano dita gala será o domingo, 19 de decembro, ás 19,00 horas, na Sala Bahía de Foz. A entrada será gratuíta e no intermedio recadaranse os donativos. Nesta gala poderase ver a representación da obra de teatro “Cousas de mulleres”, do grupo de teatro Axóuxeres de Vilaronte, e un monólogo a cargo de Luís Miguel Yáñez, do grupo de teatro Raiolas de Alfoz.
Gala benéfica organizada polo grupo teatral “O Centiño”
Gala benéfica organizada polo grupo teatral “O Centiño”
Relacionado
-
O alcalde de Foz e a concelleira de Asuntos Sociais falaron da residencia de maiores co xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
A Garda Civil investiga á suposta autora dun delito de simulación de delito de Barreiros