Site icon Crónica3.com A Mariña

Esta venres tivo lugar a apertura do tradicional Mercado do Nadal, que organiza o Concello de Ribadeo

Ribadeo, 3 de decembro, 2021. O mercado poderase visitar ata 8 de decembro no parque de San Francisco. Son 25 postos de artesanía e alimentación os que poderán atopar aquelas persoas que se acheguen a Ribadeo estes días. Ademais haberá actuacións musicais e actividades para as mais pequenas e os mais pequenos da casa. Ata o Mercado do Nadal se achegaron o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Desenvolvemento Local, Medio Ambiente, Cultura e Igualdade, Pablo Vizozo, Jorge Díaz, Pilar Otero e Mariluz Álvarez Lastra.

E coincidindo coa apertura do XVIII Mercado do Nadal o Concello procedeu a inaugurar o alumeado de Nadal, que inclúe unha grande árbore no parque de San Francisco.

Exit mobile version