Site icon Crónica3.com A Mariña

Entregados os premios do XIV concurso de tapas de Mondoñedo

Mondoñedo, 14 de decembro, 2021. Tras terse celebrado o XIV Concurso de Tapas Cidade de Mondoñedo, organizado pola ACIAM de Mondoñedo, os días 26, 27 e 28 de novembro de 2021, veñen de entregarse os premios ás mellores tapas do concurso.

Así mesmo, tamén tivo lugar o sorteo, entre as votacións do público, dos agasallos consistentes en entradas para a cova do Rei Cintolo, lotes de viño e unha estancia nun establecemento de hostalería mindoniense.

Ao acto asistiron D. Manuel Ángel Otero Legide, Alcalde-Presidente do Concello de Mondoñedo, D. José Francisco Real, Presidente da Asociación de Hostalería de Lugo, e D. Ángel Marful Castañal, en representación da ACIAM de Mondoñedo. Ao mesmo tamén asistiron representantes dos diversos establecementos de hostalería participantes aos que se entregaron diplomas de participación.

No relativo ás tapas, as categorías establecidas e os locais premiados foron os seguintes:

. Para a categoría de “Mellor tapa tradicional” o premio recaeu en O Bodegón A Catedral denominada “Cousas do Bodegón”
. Para a categoría de “Mellor tapa creativa” o premio recaeu en O Palique denominada “Vaille Dando”
. Para a categoría de “Mellor tapa valorada polo público” o premio recaeu en O Bodegón a Catedral denominada “Cousas do Bodegón”

A todo eles fíxose entrega dun trofeo conmemorativo do premio gañado nesta edición do ano 2021.
No relativo aos agasallos para o público, o sorteo quedou do seguinte xeito:

1 lote de viño para Jacobo Cancela,
1 lote de viño para Ricardo Casabella
1 lote de viño para Laura Fraga
1 noite na hostalería mindoniense para Fina Palacios
2 entradas para a Cova do Rei Cintolo para Iván Gayón
2 entradas para a Cova do Rei Cintolo para Marta Otero

A ACIAM e o Concello de Mondoñedo agradecen a participación no evento tanto dos establecementos de hostalería como do público en xeral que fixeron que esta nova edición do tradicional concurso de tapas da cidade fose un éxito.

Exit mobile version