Site icon Crónica3.com A Mariña

Efrén Castro saudou ás guerreiras laranxas antes do debut na Futsal Women’s European Champions

Lugo, 3 de decembro de 2021. O deputado de Deportes Efrén Castro achegouse esta tarde ao Pazo dos Deportes para saudar ás xogadoras do Burela FS antes de debutaren na Futsal Women’s European Champions, torneo internacional que reúne as campioas de España, Portugal, Rusia, Ucraína e Italia.

Na conversa coas guerreiras laranxas, antes do encontro co MFC Normanochka, o responsábel de Deportes felicitouse porque sexa “o Burela FS o que estea marcando unha vez máis o camiño para avanzar na igualdade efectiva no deporte profesional poñendo as bases para consolidar esta competición no calendario oficial internacional”.

Exit mobile version