Site icon Crónica3.com A Mariña

Efrén Castro felicitou ás guerreiras laranxas polo título europeo

Lugo, 5 de decembro de 2021. O deputado de Deportes Efrén Castro
felicitou ao Burela FS pola vitoria na Futsal Women’s European Champions – a “Champions” do fútbol sala feminino-, que reuniu no Pazo dos Deportes de Lugo as campioas de España, Portugal, Rusia, Ucraína e Italia.

O responsábel de Deportes estivo presente na final, que acabou cun
rotundo triunfo das guerreiras laranxas (6-0) ante o Pescara italiano.

Efrén Castro celebrou que Lugo acollera a primeira edición deste torneo e que sexa “o Burela FS quen, unha vez máis, marque o camiño para avanzar na igualdade efectiva no deporte profesional poñendo as bases para consolidar esta competición no calendario oficial internacional”.

Exit mobile version