Foz, 4 de decembro de 2021. Un dos premios dos Días Azuis do Comercio Galego tocou en Foz. A afortunada foi Tina García, que recibiu a súa tarxeta regalo da man de Aurora Vila, propietaria de Xanela Agasallos e Complementos.
AciaFozCCA sumouse á campaña Días Azuis do Comercio Galego, que tivo ugar do 1 ao 20 de novembro. É unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e da Xunta coa colaboración de Abanca e as federacións provinciais, asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos de Galicia.
Na campaña sortearonse 14.000 euros en premios, distribuídos en 32 tarxetas prepago regalo de 250 euros (8 por provincia) e 40 tarxetas de 150 euros (10 por provincia), que deberán ser empregadas para volver mercar nos establecementos tradicionais galegos ata o 30 de Xuño de 2022. O sorteo dos Días Azuis do Comercio Galego celebrouse ante notario o 24 de Novembro de 2021.