Abriron a xornada o presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela, Alfredo Llano; e o delegado territorial da Xunta de Galicia, Javier Arias; acompañados do xerente de Expomar, José Manuel González ‘Brais’; que exerceu de moderador durante o resto das ponencias.
Durante a xornada catro recoñecidos médicos especialistas en nutrición falaron aos asistentes sobre os beneficios do consumo de peixe e produtos do mar para lograr unha dieta saudable, a coñecida como “dieta atlántica”.
A doutora Ángeles Romero, catedrática de tecnoloxía dos alimentos pola Universidad de Santiago de Compostela, falou sobre “Peixe e dieta atlántica como alimentación saudable”.
O doutor Nicolás Piedrafita Páez, graduado en nutrición humana e dietética pola USC, tratou o tema da “Dieta atlántica na poboación xeriátrica”.
Juan La Torre, farmacólogo-nutricionista da unidade de investigación nefrolóxica do Hospital Público de A Mariña, centrouse no “Manexo nutricional da diabete”.
Finalmente, o doctor Secundino Cigarrán, nefrólogo do Hospital Público de A Mariña, abordou a importancia de “O papel da dieta atlántica na nutrición e o ril”.
Para pechar a xornada celebrouse una mesa final cos catro ponentes para responder algunhas das dúbidas lanzadas polo público asistente. A xornada finalizou cunha degustación gratuíta de produtos pesqueiros cedidos por Absa e OPP Lugo, que tivo lugar no exterior da terraza do restaurante Casa Miranda.