A tenente de alcalde e concelleira de Cultura, Inés López Couto, destaca “o gran traballo realizado pola empresa contratada para a instalación das lucense de Nadal e os operarios e técnicos municipais, que están a ultimar grilandas, adornos e lámpadas para que Foz brille na noite deste venres. Pouco a pouco imos mellorando. Creemos no Nadal e na ilusión que lles fai aos máis cativos e o importante que é tamén para o comercio local. Continuamos a engalanar todas as parroquias e dispuxemos novos elementos no pobo. Adornos como a gran bola de Conde de Fontao, a iluminación en Paco Maañón ou as lámpadas do barco da Casa do Mar ou do Cenima serán puntos focais do alumeado. E ampliáronse os adornos na Avenida de Asturias ata chegar a Vilaxoane. Cremos que o Nadal é de todas e todos; estou segura que imos sorprender”.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, anima a todo o mundo a darse un paseo polas rúas da vila a partir deste venres: “o ano pasado o barco Joaquincito engalanado traspasou fronteiras. Non vale de nada contalo, hai que vir velo. Convidamos a veciñas e veciños -e seguro que tamén moitos visitantes- a facer un percorrido polas rúas de Foz, a desfrutar do paseo e a compartilo. Estaremos encantados de recibirvos”.