Barreiros, 27 de decembro de 2021. O Concello de Barreiros, nunha clara aposta por fomentar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes na organización, constituíu na mañá de hoxe a “Comisión Negociadora” que se encargará da diagnose, negociación e elaboración das medidas que integrarán o Plan de Igualdade.
A concelleira responsable desta materia, Montse Porteiro, destaca a importancia da elaboración do plan “a hora de establecer un sistema de xestión dos recursos humanos que asegure criterios de igualdade no desenvolvemento profesional do persoal municipal independentemente do seu sexo”.
A Comisión Negociadora está integrada por 15 persoas con representación do Concello, do cadro de persoal laboral e do funcionariado.