Site icon Crónica3.com A Mariña

Avelino González no Vicedo

Este domingo 26 de decembro ás 19h na Casa da Cultura, Avelino González presenta o espectáculo “Contos de Boa Xente” dentro das actuacións da Rede de Normalización Lingüística da Xunta de Galicia. Trátase dun espectáculo gratuito e apto para todos os públicos. Avelino é un actor que representaba a Miñato na serie “Padre Casares”, logo en Madrid participou na serie “Seis Hermanas” da TVE e agora regresou a Galicia contando historias sen pantalla polo medio. As historias son para todos os públicos e segundo o público que haxa contará unhas ou outras. Entrada gratuita.

Exit mobile version