Llano declarou que “para o Concello de Burela é unha honra que estivesen aquí estes dous atletas dun nivel tan extraordinario, que viñesen falar das súas experiencias. En Burela temos moita consideración polo deporte base e estas actividades motivan aos nosos rapaces e rapazas polos valores que se transmiten”.
Ana Peleteiro e Adrián Ben participaron nunha charla sobre iniciación ao deporte e á nutrición xunto ao dietista Noel López Pinín, que causou moita expectación no auditorio da Casa da Cultura.
Ao remate do acto no Concello foilles ofrecida unha recepción oficial, á que Ana Peleteiro non puido asistir por motivos persoais, que a obrigaron a emprender viaxe rapidamente. Adrián Ben asinou no libro de honra do Concello e recibiu un agasallo de mans do alcalde, Alfredo Llano. Xunto ao rexedor estiveron os concelleiros de Deportes, Servizos Sociais e Medio Ambiente, Ramiro Fernández, Carmela López e Toñi Eijo.