Mondoñedo, 3 de decembro de 2021. Un grupo de alumnos da Universidade de A Coruña, concretamente da Facultade de Turismo, visitaron este venres Mondoñedo. O goberno local considera “importantísimo” que o patrimonio, recursos, actividades e experiencias deste municipio se coñezan xa dende a etapa de formación dos futuros profesionais dun sector tan importante na economía local.
Neste senso, adiantan que están a traballar na posibilidade de conveniar acordos con esa Facultade para fidelizar unha relación de colaboración e impulsar propostas de traballo conxunto tanto cos alumnos como cos mestres. O obxetivo, destacan, segue a ser posicionar a Mondoñedo e o xeodestino da Mariña Lucense como un territorio atractivo a visitantes, turistas e inversores.