Site icon Crónica3.com A Mariña

Albo Zapaterías de Viveiro recolleu en Madrid, nos Premios Nacionais de Comercio, unha mención honorífica

Viveiro, 9 de decembro, 2021.Este xoves celebrouse en Madrid a entrega dos Premios Nacionais de Comercio Interior 2021, convocados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, onde Albo Zapaterías foi un dos galardoados. Recolleu o premio Horacio Albo como xerente de Albo Zapaterías, do que lle fixeron entrega a Secretaria de Estado de Comercio acompañada polo Director Xeral de Comercio e Consumo de Galicia D. Manuel Heredia. Estes premios recoñecen iniciativas que supoñen avances en modernización, dixitalización e sostenibilidade do sector comercial. Ademais, o órgano de selección quixo destacar a calidade das candidaturas presentadas este ano, razón pola que se outorgaron catro mencións honoríficas entre as que se atopa Albo Zapaterías.

No ano 2019 xa eran galardoados có Premio Comercio Galego da provincia de Lugo e agora esta mención a nivel nacional non fai máis que reafirmar o bo traballo, a constancia, a calidade, a profesionalidade e a constante adaptación ó cambio sen perder un ápice de esencia de comercio tradicional.

66 años de experiencia que os converteron nun dos mellores negocios a nivel nacional. Todo un orgullo para o tecido comercial de Viveiro contar con negocios cunha traxectoria tan destacada.

Exit mobile version