Site icon Crónica3.com A Mariña

A Federación Galega de Atletismo celebrou o seu centenario coa presencia de Adrián Ben

Lalín, 18 de decembro, 2021. A Federación Galega de Atletismo celebrou este venres o seu centenario nunha gala celebrada en Lalín, que contou coa presencia de destacados membros do Atletismo Galego en varios ámbitos.

Un dos grandes atractivos foi Adrián Ben, que estivo acompañado pola súa familia, ademais da presencia da olímpica Belén Toimil.

A Gala contou con premiacións nos diferentes ámbitos, entre eles propios atletas históricos como Andrés Díaz ou Alfonso Posada, entre outros, adestradores, xuíces e clubes de toda a xeografía galega, ademais de diferentes medios de comunicación.

O Secretario Xeral para o Deporte, Lete Lasa salientou a importancia das novas pistas de San Ciprián para o crecemento do Atletismo na Mariña.

Exit mobile version