O tráfico xa quedou restablecido este mediodía. Os traballos consistiron na reposición do muro de sostemento con bloques de coieira, e tamén na substitución do firme con balastro artificial para poder estender o aglomerado en quente na superficie. Unhas obras que se desenvolveron coa máxima celeridade posible, comezando este mesmo luns e rematando hoxe.
Esta vía é a que une Río Cobo coas fábricas de Sargadelos e con outros núcleos de poboación desta localidade cervense.