Lugo, 26 de decembro de 2021. A Apalpadora pasará este luns por San Román de Vilaestrofe, en Cervo, e Viveiro da man da Vicepresidencia da Deputación. As visitas forman parte da programación organizada pola área de Cultura co obxectivo de promover a presenza de tradicións propias na representación do Nadal, que inclúe 15 encontros nas distintas comarcas.
As citas serán no pavillón polideportivo de San Román de Vilaestrofe, en Cervo, ás 17.00 horas, coa colaboración da asociación veciñal da parroquia, e na sala da Biblioteca Municipal de Viveiro, ás 20.00 horas, coa colaboración da Asociación Centro Comercial Histórico.
A narradora Antía Vázquez, acompañada polo músico André Espiñeira, será a encargada de presentar as crianzas esta personaxe e as lendas que perviviron na memoria da xente do Courel e do oriente ourensán permitindo que, desde hai algo máis dunha década, asociacións e colectivos culturais popularizasen a súa figura.
Máis visitas
Mércores, 29 de decembro
XERMADE
Local da Asociación Amuraxe, 17.00 horas
Luns, 3 de xaneiro
O SAVIÑAO
Auditorio Municipal de Escairón, 17.00 horas
PANTÓN
Casa da Cultura, 20.00 horas
Martes, 4 de xaneiro
PALAS DE REI
Casa da Cultura, 12.00 horas
MONDOÑEDO
Casa da Xuventude, 20.00 horas