Así o anunciou hoxe o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, quen visitou o colexio para informar ao equipo directivo do próximo inicio dos traballos. Tamén acudiron representantes da Anpa.
No CEIP renovarase o peche de todo o recinto escolar cun investimento de 25.000 euros, mentres que no IES acondicionarase a cuberta do patio, para o que se destinan 48.000 euros.
Arias destacou que a Xunta “executa periodicamente obras de mellora para satisfacer as necesidades específicas de cada centro e manter as instalacións educativas en condicións óptimas”.
Tamén salientou que xunto coas actuacións de pequena e mediana envergadura, o departamento de Educación impulsa importantes obras na Mariña, como a ampliación do IES María Sarmiento de Viveiro e a rehabilitación integral do colexio Gregorio Sanz de Ribadeo, para as que se teñen reservado partidas nos orzamentos autonómicos de 2022.