Xove, 16 de novembro, 2.021. O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, ten preparados e confirmados varios actos:
22 de novembro: Taller “Violencia de Xénero no novo contexto dixital”. Actividade concedida pola Secretaria Xeral de Igualdade e organizada pola Concellería Municipal de Igualdade en colaboración co IES “Illa de Sarón”, dirixida ao alumnado de secundaria do centro de ensino
25 de novembro: Presentación á prensa do “Plan Municipal Integral contra a Violencia de Xénero” do Concello de Xove e o Calendario 2022 “Pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero”. Este último deseñado polos rapaces e rapazas participantes no taller de igualdade realizado no verán na OMIX
27 de novembro: Entrega de premios “I Concurso Tiktok pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero”, na OMIX ás 12:00
Lembrar que o Concello de Xove está a elaborar o Plan de Igualdade interno dos traballadores e traballadoras do concello. Trátase dun conxunto de medidas avaliables, dirixidas a remover os obstáculos que impiden ou dificultan a igualdade efectiva de mulleres e homes, e a eliminar a discriminación por razón de sexo. O plan de igualdade estrutúrase tras a realización previa dun diagnóstico, negociado coa representación legal das persoas traballadoras, e elaborado na comisión negociadora do devandito plan de igualdade. Este xoves constituíuse a Comisión Negociadora do Plan de Igualdade.