Viveiro conta cun stand propio no que se ofrece información sobre o municipio e, en concreto, sobre as diferentes opcións que o nconcello ofrece a todos aqueles visitantes que queiran disfrutar do turismo deportivo.
No día de onte acudiron á feira María Soledad Rey Yáñez, concelleira de Turismo, e César Iglesias Docal, concelleiro de Deportes, que mantiveron diversas reunións cos touroperadores presentes.
Estes touroperadores, de distintos lugares de España e Portugal, manifestaron o seu interese en levar grupos de turistas a destinos diferentes, destinos máis virxes, como é Viveiro.
Trátase dunha feira de deporte e turismo activo, destinada a todos os públicos, tanto para deportistas como afeccionados ou principiantes, e para todas as idades, que cada vez está a ter máis repercusión, polo que a presenza de Viveiro en este tipo de eventos é importante para promocionar o concello.