A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta nova Xornada Técnica, que se celebra nun hotel ás aforas o xoves 11 e venres 12 de novembro, para reflexionar sobre temas de interese das frotas artesanais, analizar a súa situación actual e os principais retos de futuro.
A apertura do encontro terá lugar ás 16.00h do xoves e durante a tarde os representantes das oito Federacións de Confrarías manterán unha Xornada Técnica onde se fará unha revisión das conclusións da última Interfederativa, celebrada de maneira telemática en outubro do ano pasado por culpa da pandemia, e abordaranse diferentes temas xerais e de interese común para as confrarías de pescadores do Cantábrico-Noroeste.
O Congreso pecharase na mañá do venres con unha xornada de traballo conxunta entre representantes das Confrarías e das Administracións pesqueiras de España e as Comunidades Autónomas do Cantábrico. Como é habitual, nesta reunión o sector exporá ás Administracións as principais conclusións derivadas do traballo do día anterior.