A cita está encadrada no II Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición Femininos de 1º Máximo Nivel Estatal da Xunta de Galicia. O club mariñán xa foi un dos 9 beneficiados a tempada pasada na estrea da iniciativa que este ano renova o seu compromiso con 26 entidades de diferentes modalidades deportivas (futsal, baloncesto, balonmán, fútbol, voleibol, rugby e sófbol), a través de deportistas que son exemplo non só nos éxitos sobre as pistas senón tamén a través das ensinanzas sobre o verdadeiro significado do compañeirismo, esforzo, traballo e superación.
Un Europeo que tamén berrará NON
Dentro das actividades programadadas en 2021, o club laranxa tamén visibilizará a loita pola tolerancia, a igualdade e a non violencia no deporte e na vida como anfitrión e organizador da competición internacional Futsal Women’s European Champions entre o 2 e o 5, no Pazo dos Deportes de Lugo. Xunto ao Pescados Rubén, como campión da liga española, formarán o Grupo 1 MFC Normanochka de Rusia e Osijek de Crocia. O Grupo 2 estára composto polo luso Benfica, Tesla de Ucraína e o italiano Pescara.