Site icon Crónica3.com A Mariña

Veciñas de Lourenzá participaron no obradoiro denominado Elas tamén pintan: A creatividade como recurso harmónico de benestar natural, que tivo lugar onte á tarde e no que elaboraron un mural

A edil de servizos sociais, Mercedes Dengra, explica: “con este obradoiro conxunto queremos levar a cabo unha acción global nesa loita a prol da igualdade e da liberdade das mulleres. O domingo, día 28, ás 12 horas na Praza do Concello será a inauguración deste mural e terá lugar a lectura dun manifesto, acto no que se reivindicarán os dereitos das mulleres e se rexeitará todo tipo de violencia machista. Animamos a todos os veciñ@s a participar neste acto do domingo para visibilizar este problema que aínda está tan presente na nosa sociedade e para poñerlle freo”.

Exit mobile version