Un particular daba aviso ao 112 Galicia, pouco antes das once e media da noite, de que un coche sufrira un accidente e estaba subido ao gardarraíl.
Así, de xeito inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, aos Bombeiros de Vilalba e á Garda Civil de Tráfico.
Cando os medios chegaron ao lugar confirmaron ao 112 Galicia que había unha persoa falecida atrapada no interior do vehículo e os bombeiros de Vilalba encargáronse de realizar os labores de excarceración da vítima.
Por último, desde o CIAE-112 Galicia solicitouse a intervención do servizo de mantemento de estradas para restablecer e garantir as condicións de seguridade da vía.