Site icon Crónica3.com A Mariña

Trala queixa formulada por Por Nuestro Faro, o Defensor del Pueblo advirte ao Concello de Ribadeo

Ribadeo, 10 de novembro, 2021. O día 2 de novembro de ano en curso recibimos un novo informe do Defensor del Pueblo como resposta á nosa queixa pola falla de información sobre avaliación ambiental do proxecto de cafetería aberta na Illa Pancha o pasado mes de agosto.
En resumo, o escrito do Defensor comunícanos que remitiu a nosa queixa ao Concello de Ribadeo, mais este non aportou a documentación solicitada senón só unha referencia a outros documentos que non se axustan á normativa vixente. O Defensor dirixiuse de novo ao Concello de Ribadeo para que aporte os informes preceptivos, e mesmo á Consellería de Medio Ambiente.

Imos reproducir os parágrafos mais significativos do informe do Defensor:

“(…) no se podrá otorgar la licencia municipal con anterioridad a la declaración de impacto o efectos ambientales dictada por el órgano ambiental competente (…)”
“(…) Esta institución solicitó al ayuntamiento el certificado de no afección del proyecto de obras para el uso turístico y cafetería del faro emitido por el órgano ambiental, pero no se ha recibido (…)”
Como se pode apreciar, o Concello de Ribadeo segue xogando ao gato e o rato co Defensor del Pueblo, e este advírteo de que está en situación de franca ilegalidade aínda que utiliza unha linguaxe máis comedida.

Debemos suliñar aquí que no recurso que presentamos (e publicamos) o día 20 de xullo de 2020 contra a concesión da licencia de obras para a cafetería aportábamos exactamente a mesma argumentación xurídica que agora referenda o Defensor del Pueblo, polo tanto non hai escusa posible dado que chove sobre mollado.

O Concello, ao decidir atrincheirarse no secreto, vese acurralado polo seu propio silencio, e as razóns ocultas que o levan a mantelo a calquera prezo. Unha actitude que non se pode manter. E unha institución como o Defensor del Pueblo da fe de elo.

Agora quédanos esperar. Coma sempre. Non polo concello, senón polo Defensor, que tirándolle das orellas ó concello achega a realidade ó pobo, a nós, a vós.

Exit mobile version