Site icon Crónica3.com A Mariña

Terceira edición de ‘Superarte’, a mostra de teatro feita por persoas con diversidade funcional, do 28 de novembro ó 3 de decembro en Viveiro

Viveiro, 6 de novembro de 2021. O Concello de Viveiro organiza a terceira edición de ‘Superarte’, a súa mostra de teatro feita por persoas con diversidade funcional, que se celebrará entre o 28 de novembro e o 3 de decembro.

O concello xa dispón do cartel e ultima un programa extenso de actividades. “É Unha cita moi esperada para nós, Viveiro será de novo o lugar de referencia para sensibilizar e concienciar sobre a necesaria igualdade real para todos e todas”, afirma Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura.

Este ano, a mostra esta adicada ás persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA), e ademais de obras de teatro, haberá visitas aos centros educativos para abordar o tema da diversidade funcional, accións conxuntas co comercio e a hostalería local e outras iniciativas.

“O padriño desta edición será Santiago Fernández Pérez, un rapaz de 15 anos con TEA que falará en primeira persoa desta diversidade na sesión inaugural de ‘Superarte’, o próximo 28 de novembro ás 18:30 horas no teatro Pastor Díaz”, engade Fernández-Noriega.

Pola súa parte, a alcaldesa María Loureiro lembra que “a partir de ‘Superarte’ naceu ademais ‘Viveiro Inclúe’, co obxectivo de que o noso concello sexa un municipio inclusivo para todo tipo de persoas e colectivos e accesible para aquelas persoas con diversidade funcional”.

Exit mobile version