Os populares denunciaran en diversas ocasións o incumprimento dese acordo plenario. De feito, en novembro do 2019, o Grupo Provincial Popular facíase eco da proposta e levaba a pleno un rogo para que a Deputación realizase obras de seguridade viaria na estrada provincial LU-P-1502.
A proposta dos populares incluía, ademais da construción dunha rotonda, a construción de beirarrúas para o uso peonil nesta estrada que sube dende o cuartel da Garda Civil ata o cemiterio; así coma o arranxo e colocación de quitamedos e a limpeza das cunetas.
“Con case que tres anos de retraso, por fin cumpre -aínda que de xeito parcial- aquilo ao que se comprometera nun pleno da corporación a comezos do 2019. Con este ritmo de traballo, similar ao dunha procesión de caracois, é normal que o Concello de Burela perdera o seu papel predominante como concello punteiro e motriz na comarca da Mariña”, lamenta Rouco.
O portavoz popular na Deputación, Javier Castiñeira, pon en valor que a institución provincial escoite as demandas que lle traslada o Grupo Provincial Popular; aínda que condena que “o goberno bipartito da Deputación tardara tanto tempo en dar inicio ás obras de mellora da seguridade viaria nesta estrada provincial que teñen demandado dende a corporación municipal en beneficios dos veciños e usuarios”.