Álvaro Doural dixo que “en outubro xa realizamos tres cursos de soldadura, un de electrodo revestido, outro de mig mag e un terceiro de tig. E debido á grande demanda existente esta fin de semana organizamos un novo curso de soldadura tig no que contamos con 10 participantes”.
O presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia engadiu que “estamos satisfeitos da demanda que está a ter a nosa formación. Temos que seguir formando á xente para facilitar a súa incorporación ao mercado laboral, que é o que está solicitando a todo este tipo de profesionais”.
Doural dixo que “estes cursos demostran que son un referente de empregabilidade para as empresas da comarca”.