Plan Municipal Integral contra a Violencia de Xénero.
Por primeira vez, o Concello de Xove conta cun Plan Integral para loitar contra a Violencia de Xénero. Trátase dun documento que actúa en tres ámbitos:
a) Información, sensibilización e implicación da poboación na loita contra esta lacra social.
b) Atención personalizada e integral das vítimas de violencia de xénero
c) Coordinación entre os axentes implicados para garantir os recursos.
Calendarios 2022 pola Igualdade e contra a violencia de xénero.
Estos calendarios foron realizados polas rapazas e rapaces, que participaron no taller de sensibilización “Xeración 20=22”, realizado durante o mes de xullo. O Concello de Xove agradece a Ángel, Christian, Uxía, Daniel, Carla, Melany, Lucía, Omar, Carla, Aroa e Alicia pola súa participación como autores e autoras deste almanaque.