Os espazos de coworking son espazos que serven ademais, para crear colaboracións e relacións entre os distintos perfís profesionais. Serven para enriquecer aos distintos profesionais creando sinerxias entre eles e xerando un sentimento de pertenza a comunidade de traballo.
Na situación na que se atopa a día de hoxe a comarca da Mariña, e coa incertidume da desindustrialización, ademais de defender a permanencia das empresas no noso entorno, e a chegada de novas industrias; debemos incentivar o emprendemento nas nosas veciñas e veciños, facilitando o inicio do traballo de novos autónomos e empresas que podan xerar valor engadido no noso Concello e por extensión en toda a comarca.
E por isto, que propoñemos ao Pleno Municipal de Viveiro, o seguinte acordo:
1. Creación dun Coworking Municipal nun local do Concello a determinar na correspondente comisión.
2. Creación dunha ordenanza de funcionamento do “Coworking municipal de Viveiro” unha vez determinado o seu espazo de funcionamento.