Site icon Crónica3.com A Mariña

Pontón advirte que a proposta da dirección de ALCOA pode ser unha nova argucia e que a única saída é a intervención pública

Santiago de Compostela, 30 de Novembro 2021. A portavoz nacional, Ana Pontón, reitera que a intervención pública é a única garantía para a fábrica de ALCOA ,e advirte contra a dirección da multinacional que ten demostrado non ser de fiar, porque nin A Mariña nin Galiza poden correr o risco de atoparse ante unha nova Alu Ibérica.

“Nesa intervención pública debe traballar man a man a Xunta de Galiza e o Goberno do Estado porque non podemos perder de vista que a dirección da factoría non é de fiar, sabermos que o seu plan é un peche que de momento non conseguiron grazas a exemplar mobilización social de toda unha comarca e grazas a que perderon ante todos os intentos de aplicación de EREs”, indicou Pontón.

A líder do Bloque destaca que podemos estar ante unha nova “argucia” da multinacional de cara ao seu obxectivo de lograr o peche de planta de San Cibrao, e se pode permitir que o fiasco de ALCOA na Coruña se repita agora na Mariña, “temos que aprender das experiencias negativas sabendo que a dirección non é de fiar”, alegou.

Pontón tamén se preguntaba onde está o presidente da Xunta e que está facendo Feixóo para defender o futuro dunha fábrica estratéxica para o País, a única de fabricación de aluminio primario en todo o Estado , “onde esta para defender os postos de traballo en risco?”, interpelou. A portavoz nacionalista tamén puxo o foco nun marco enerxético que é “un disparate”, e insistiu en defender unha tarifa competitiva para as industrias electrointensivas, máxime nun País rico en electricidade.

“Podemos estar ante unha Alu Ibérica dous e iso sería demoledor para unha comarca que ten en xogo o seu futuro con miles de postos de traballo, directos e indirectos, en risco”, concluíu.

Exit mobile version