Foz, 9 de novembro de 2021. A desorganización do Concello debido á falta de xestión do goberno municipal é xa un grave problema para Foz. O caos no Concello é apreciable para calquera observador. A non convocatoria das sesión plenarias nas fechas que corresponden son unha demostración da caótica xestión do socialista Fran Cajoto. O portavoz municipal dos populares, Javier Castiñeira, di que o grupo do PP ten que denunciar, unha vez máis, os abusos do alcalde á hora de organizar e dirixir os plenos da corporación municipal de Foz. Lembra que “as sesións plenarias ordinarias son mensuais e que a corporación decidiu que se celebraran os últimos xoves de cada mes, e agora o señor alcalde convócaos cando quere”.
Castiñeira destaca que o alcalde “incumpre o Regulamento de Organización e Funcionamento das entidades locais, porque non responde ás preguntas que teñen dereito a presentar os partidos da oposición”. A máis recente sesión plenaria “é un claro exemplo”. Sinala: “Nesa sesión pedimos ao alcalde que nos dixera cales foron as razóns para que o Concello de Foz non solicitara á Xunta de Galicia que se incluíra a praza de policía local vacante na próxima convocatoria do proceso selectivo de policías locais para toda Galicia, tal e como el mesmo, prometeu nunha nota de prensa do 12 de xullo deste mesmo ano, cando anunciou a incorporación dos xentes ao cadro de persoal da Policía Local e quedaba esa praza que convocaría cando a Xunta fixese o correspondente anuncio”.
Castiñeira explica: “A Xunta fixo o anuncio, pero o Concello de Foz non aparece para nada e o alcalde non quixo contestar; Cajoto evadiu a resposta”. Non PP non saben se a falta de resposta se debeu a esquecemento ou a falta de organización, posto que é un auténtico desastre como ten organizado o concello o bipartito; os populares pregúntanse se foi algo premeditado
para evitar o custe dunha praza máis de policía local, o que sería moi grave posto que é moi necesario que se complete ao cadro de persoal da Policía Local”.
O portavoz popular manifesta: “Instamos ao alcalde a que responda, que cumpra coas súas obrigas como presidente da Corporación e sobre todo que non intente pisar os dereitos da oposición; queremos que canto antes aclare á Policía Local e aos veciños por que non convocou esa praza vacante”.