Foz, 20 de novembro de 2021. O Partido Popular de Foz foi testemuña, unha vez máis, da cabezonería do alcalde, do seu equipo de goberno do PSOE e dos seus socios, o BNG. Neste caso, foi no pasado pleno extraordinario celebrado o venres cun único punto: a modificación da Relación de Postos de Traballo do Concello (RPT) aprobada no 2019 e que precisaba correccións técnicas que contaban co acordo dos sindicatos.
Os populares consideran que “esta modificación debería aproveitarse para incluír unha serie de postos de traballo e, con elo, corrixir o déficit nalgún servizo. “É ben coñecido que un dos problemas máis destacados nos últimos meses tivo que ver coa Escola de Música. O director, a ANPA e os usuarios e toda a comunidade educativa pedían que se creara a figura dun xefe de estudos”, explica o concelleiro Juan Rivas.
É por iso polo que o Partido Popular pediu que se modificara a RPT e se incluíra ese posto de traballo, “pero o goberno local non o contemplou. Inclúe un novo administrativo cando se pedía unha figura que tivese coñecementos de música e que axudara ao director e aos profesores a levar adiante o proxecto educativo”, engade. O Grupo Municipal Popular puxo esta cuestión enriba da mesa; pero, ao non ser tida en conta, non puido votar a favor: os concelleiros do PP abstivéronse.
Engano e traizón
“O goberno local optou por converter en definitiva a solución temporal coa que conta a día de hoxe, a de incorporar un administrativo. Non entendemos por que se volve enganar á Escola de Música. O que recolle a RPT non é o que necesita a Escola de Música. Volven a cometer os mesmos erros e, neste caso, entendemos que é moito máis ca grave. Esta actuación é unha traizón ao director, os usuarios e os veciños en xeral que tiña que ver nesta RPT unha solución para o grave da Escola de Música”, conclúe Rivas.