Burela, a 10 de novembro de 2021. O voceiro popular, Manuel Rouco, considera “favorable para os veciños e veciñas de Burela que o alcalde Llano siga poñendo a funcionar iniciativas que o Partido Popular no programa electoral”. Así o manifesta tras coñecer o anuncio que fixo estes días sobre un proxecto de hortas ecolóxicas. De feito, “entre as máis de 100 iniciativas orixinais para Burela incluídas no programa dos populares incluíase, especificamente, a creación dun sistema de hortos urbanos aparellados a cursos formativos para o seu mantemento”.
Rouco sinala que “como se pode percibir, o parecido entre as dúas iniciativas -a proposta do Partido Popular e a copia do goberno de Llano- é asombroso”.
“Para que a creación deste sistema de hortos urbanos funcione convidámolo a que non tarden en completar a nosa iniciativa co que lle falta á súa: unha serie de cursos formativos para o mantemento e produción dos mesmos”, engade.
Así mesmo, dende o Grupo Municipal Popular ofrécense a facilitarlle ao goberno local unha copia do seu programa electoral se a que está xa colgada nas súas redes sociais non é de fácil lectura.
Propostas populares para mitigar “a ausencia de iniciativas do goberno local”
O portavoz manifesta tamén que “estamos dispostos a explicarlle como poñer en marcha as iniciativas do noso programa que queira seguir empregando para mitigar a total ausencia de iniciativas orixinais do seu goberno”.