Site icon Crónica3.com A Mariña

Principia este venres o XIV Concurso de Tapas Cidade de Mondoñedo

Mondoñedo, 26 de novembro de 2021. O Concello colabora na nova edición (XIV) do Concurso de Tapas Cidade de Mondoñedo, promovido pola Asociación de Comerciantes, Industriais e autónomos, que se celebra os días 26, 27 e 28.

Participan os seguintes establecementos hostaleiros: “Vinoteca Segundo” (Centro Social), Viñoteca “O Petisco”, “O Palique”, “O Rincón” de Mondoñedo, Bodegón “A Catedral”, A Taberna da Galiana e o Bar Amencer.

As tapas variadas, elaboradas con produto local de primeira calidade, poderán degustarse o venres de 20.00 horas a 23.00; o sábado de 12.00 horas a 15.00 e de 20.00 horas a 23.00; o domingo de 12.00 horas a 15.00.

Cada local presentará dúas tapas orixinais que terán un prezo de 2€ por unidade.
Ao remate das xornadas de tapeo, decidiranse os premios á “Mellor tapa tradicional”, á “Mellor tapa creativa” e á “Mellor tapa valorada polo público”, que serán entregados no vindeiro mes.

Entre as votacións do público sortearanse agasallos para agradecer a súa colaboración. Serán elixidos sete gañadores.

Exit mobile version