Carmen Navarro explicou que, precisamente, “una de las problemáticas más importantes que afectan a Galicia y a Lugo, en particular, ha sido la inclusión del lobo en la lista de especies protegidas”. Esta decisión “es un ataque sectario” por parte da ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, pois é a gandaría a que se ve prexudicada por esta prohibición, a pesares de ser “una de las fuentes más importantes para generar riqueza rural y la economía de nuestros pueblos”, a parte de la “contribución a la sostenibilidad del medio ambiente del modelo extensivo”. Ademais de pedir que o lobo non se inclúa na Listaxe de Especies Silvestres en Réxime Protección Especial (LESPRE) e un fondo de 100 millóns de euros para paliar os danos, o PP presentou tamén outras emendas aos PGE 2022 en relación ao reto demográfico: un plan de vivenda dotado con 200 millóns de euros para “estimular el alquiler de vivienda en el medio rural y también para la rehabilitación” e incrementar en 30 millóns de euros a partida para dixitalización “para dotar de conectividad a las zonas rurales”.
Jaime de Olano, pola súa banda, defendeu a necesidade de “revertir los nefastos efectos de las decisiones de Ribera, que solo sirven para poñer trabas al medio rural, a sabiendas de que es sabedora de que la despoblación es uno de los problemas más importantes de cohesión territorial que tiene hoy España y, de forma muy acrecentada Galicia y nuestra provincia”.
Implicación do PSOE
Os populares apelaron á responsabilidade dos socialistas para que se sumen á demanda dos populares, xa que a ministra prometeu 20 millóns con esta finalidade, “que tampouco aparecen por ningún lado e que, en todo caso, serían insuficientes se se ten en conta as previsións realizadas polas comunidades autónomas lobeiras, que son, ademais de Galicia, Cantabria, Asturias e Castela e León”.
A este respecto, lembraron a xestión do Goberno galego que vén de ampliar aos 920.000 euros a orde de axudas á prevención de danos causados polo lobo para atender ás máis de 900 solicitudes recibidas en Galicia.
Igualmente, destacaron a recollida de sinaturas realizada por Eugenia Requeijo entre afectados da Mariña e da Terra Chá, e que xa foron recibidas xa polos Ministerios de Transición Ecolóxica e de Agricultura. “Foron preto de 1.800 que poñen de relevo o rexeitamento dos nosos gandeiros. Agardamos que sexan tidas en conta e que o Goberno as teña en conta, xa que, do contrario, estarían abandonando ao sector primario que é un elemento dinamizador da economía do norte peninsular”, explicaron.