Muras, 19 de novembro de 2021. O Partido Popular propón nas emendas presentadas aos Presupostos Xerais do Estado que se inclúa unha partida de 100 millóns de euros para indemnizar aos gandeiros afectados polos danos dos lobos. Así o reclamaron esta mañá en Muras, un dos municipios que máis ataques rexistra por esta especie, o vicesecretario de Participación, Jaime de Olano, a voceira do PP na Comisión do Reto Demográfico do Congreso, Carmen Navarro, o deputado lucense no Congreso, Joaquín García Díez, a voceira do PP neste municipio, Eugenia Requeijo, e outros membros do PP local.
Carmen Navarro explicou que, precisamente, “una de las problemáticas más importantes que afectan a Galicia y a Lugo, en particular, ha sido la inclusión del lobo en la lista de especies protegidas”. Esta decisión “es un ataque sectario” por parte da ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, pois é a gandaría a que se ve prexudicada por esta prohibición, a pesares de ser “una de las fuentes más importantes para generar riqueza rural y la economía de nuestros pueblos”, a parte de la “contribución a la sostenibilidad del medio ambiente del modelo extensivo”. Ademais de pedir que o lobo non se inclúa na Listaxe de Especies Silvestres en Réxime Protección Especial (LESPRE) e un fondo de 100 millóns de euros para paliar os danos, o PP presentou tamén outras emendas aos PGE 2022 en relación ao reto demográfico: un plan de vivenda dotado con 200 millóns de euros para “estimular el alquiler de vivienda en el medio rural y también para la rehabilitación” e incrementar en 30 millóns de euros a partida para dixitalización “para dotar de conectividad a las zonas rurales”.
Jaime de Olano, pola súa banda, defendeu a necesidade de “revertir los nefastos efectos de las decisiones de Ribera, que solo sirven para poñer trabas al medio rural, a sabiendas de que es sabedora de que la despoblación es uno de los problemas más importantes de cohesión territorial que tiene hoy España y, de forma muy acrecentada Galicia y nuestra provincia”.
Implicación do PSOE
Os populares apelaron á responsabilidade dos socialistas para que se sumen á demanda dos populares, xa que a ministra prometeu 20 millóns con esta finalidade, “que tampouco aparecen por ningún lado e que, en todo caso, serían insuficientes se se ten en conta as previsións realizadas polas comunidades autónomas lobeiras, que son, ademais de Galicia, Cantabria, Asturias e Castela e León”.
A este respecto, lembraron a xestión do Goberno galego que vén de ampliar aos 920.000 euros a orde de axudas á prevención de danos causados polo lobo para atender ás máis de 900 solicitudes recibidas en Galicia.
Igualmente, destacaron a recollida de sinaturas realizada por Eugenia Requeijo entre afectados da Mariña e da Terra Chá, e que xa foron recibidas xa polos Ministerios de Transición Ecolóxica e de Agricultura. “Foron preto de 1.800 que poñen de relevo o rexeitamento dos nosos gandeiros. Agardamos que sexan tidas en conta e que o Goberno as teña en conta, xa que, do contrario, estarían abandonando ao sector primario que é un elemento dinamizador da economía do norte peninsular”, explicaron.