Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP lucense acusa ao BNG de “mentir” en relación a Alcoa: “en ningún momento presentou unha emenda para a intervención temporal da planta”

Lugo, 24 de novembro de 2021. O Partido Popular da provincia de Lugo acusa ao BNG de “mentir” porque “en ningún momento presentou unha emenda para a intervención temporal de Alcoa. Si fala dunha intervención pública; pero non dunha intervención temporal da planta de San Cibrao”, aclaran os populares.

Os deputados populares teñen presentado no Congreso varias emendas aos PGE do Goberno para o 2022 co obxectivo de que se siga producindo aluminio primario na Mariña e que continúen os postos de emprego; pero “foron vetadas -nin sequera as deixou debater- polo Goberno de Pedro Sánchez, que foi apoiado no seu momento polo BNG para converterse en presidente tras chegar a un acordo co PSOE que incluía, entre outras medidas, a aprobación inmediata do estatuto electrointensivo para dar solución a Alcoa. Un acordo que non se cumpriu porque o estatuto aprobado non favorece á industria de aluminio primario”, inciden.

Concretamente, os populares pedían coas súas emendas habilitar unha partida orzamentaria para que a SEPI actuase de forma inmediata na venda de Alcoa a un terceiro. Así mesmo, as emendas do Grupo Popular no Congreso recollían axudas concretas de 600 millóns de euros para a industria electrointensiva debido a que o prezo da enerxía eléctrica supón máis do 50% dos seus custes de produción.

A formación popular lucense defende, como ten manifestado en diversas ocasións, a intervención temporal de Alcoa a través da SEPI para a súa venda a un terceiro comprador solvente.

Exit mobile version