Foz, 23 de novembro de 2021. A Escola de Música é un dos grandes valores do municipio de Foz. A incapacidade de xestión do goberno presidido polo socialista Fran Cajoto deu pé a unha grave crise neste centro no pasado verán. Entón no goberno local adquiriron o compromiso de crear a praza de coordinador da Escola, é dicir, unha xefatura de estudos que axudará ao director nas tarefas de xestión. Agora na RPT non aparece tal praza. O portavoz municipal do PP, Javier Castiñeira, sinala: “ É lamentable ver o servilismo do BNG de Foz diante do desgoberno do señor Cajoto. Puidémolo ver en numerosas ocasións; vémolo diariamente, cando o señor Fanego, voceiro do BNG, non aparece para nada e ten que ser o número tres do Bloque o que faga de portavoz, o señor Villamil Cajoto, que está máis dedicado a facer a vida fácil ao alcalde que a solucionar os problemas da xente”. Engade que ese mesmo servilismo “puidémolo ver no último pleno extraordinario para aprobar a RPT, no que intentabamos dende o PP, e dende a comunidade educativa que así o pediu, solucionara os graves problemas da Escola de Música, que neste verán levou a dimisión da presidenta da AMPA e de, dobremente, da dirección da Escola, Felipe Sánchez”.
Castiñeira explica: “Unha das peticións máis importantes era dotar ao organigrama da Escola de Música dun coordinador, é dicir, un xefe de estudos que axudara nas labores de xestión ao director, Felipe Sánchez, que demandaba esa necesidade e non un administrativo, como puxeron inicialmente e que agora fan fixo xa na nova RPT”. Engade: “Algo lamentable, porque é unha mentira que vén dende que o Bloque tentou saír diante desa crise e pedir ao alcalde que se sentara a negociar con Felipe Sánchez e non dimitise; ao final volven a non facerlle caso, volve a vir a figura do administrativo e non aparece a figura que pedía toda a comunidade educativa e Felipe Sánchez”.
Os populares consideran que “o BNG non é capaz de cumprir as súas propias promesas”. Sinala: “No momento da crise, o BNG pediu unha solución e a solución non chegou. Agora son cómplices cos motivos aínda máis graves; servilismo, servir de muleta do desgoberno do señor Cajoto, que non cumpre nin as súas propias promesas electorais”.