A Fonsagrada, 25 de novembro de 2021. O Partido Popular de A Fonsagrada revela que o PSOE vetou a súa moción para reactivar o GES, “demostrando que o interese do Concello por contar con este servizo é igual a cero”. O voceiro do PP, José Regueiro, lamenta que no día de hoxe “teñamos que se volver a ser noticia por este asunto”, sobre todo, “porque non ser sede destes Grupos significa quedar desatendidos totalmente”. A este respecto, remarca que, con este proceder, “estannos anulando e impedindo que poidamos facer o noso traballo como grupo político de cara a mellorar o noso concello e de reclamar dotacións e prestacións necesarias para os veciños, e que non se lles están a dar”, insiste.
Os populares pedían no pleno que o goberno local se adherise ao modelo da Xunta, tal e como xa manifestaran en setembro de 2019, obtendo nese momento a abstención do PSOE e o apoio favorable do BNG. “Quedamos totalmente anulados”, remarcan os populares. Por este motivo, Regueiro insta ao Bloque Nacionalista Galego a que se sume, como fixo hai dous anos, á petición do PP, xa que “deixar escapar este servizo sería estar desoíndo aos veciños que tanto o reclaman e impedindo que sexamos unha referencia na Montaña”.
Piden, por tanto, ás forzas de esquerda locais “unha reflexión profunda”, pois a creación destes Grupos de Emerxencias conleva a creación dunha ducia de empregos, a custe cero para o Concello, igual que se está a facer con todos os GES de Galicia.
O voceiro popular di que os responsables municipais “deben rectificar a súa postura e solicitar o GES para o noso municipio, porque é beneficioso para os veciños e para a economía local. É un servizo imprescindible”, manifesta. A este respecto, afea ao Bloque Nacionalista Galego que “non alzar a voz no mesmo senso, sería estar sendo cómplice do maior erro do goberno socialista en A Fonsagrada”. “Non podemos permitir que aconteza o que pasou no pasado con estes efectivos, quedando o noso municipio totalmente desprotexido”, conclúe.