Site icon Crónica3.com A Mariña

O persoal do Distrito Sanitario da Mariña concéntrase este mércores para reclamar os seus dereitos

Burela, 8 de novembro, 2021. A Xunta de Persoal do Distrito Sanitario da Mariña, convoca unha concentración para ó próximo 10 de novembro, mércores ás 13:30 horas na entrada de acceso ó Hospital Público da Mariña para reclamar o dereito ao disfrute dos días de vacacións, días de libre disposición, descansos e demais permisos que esta Dirección lles nega ás/os profesionais da sanidade do Hospital da Mariña.

Logo do compromiso demostrado polo persoal tras casi dous anos de pandemia e que mostran neste intre un estado de fatiga tanto física como mental, atópanse con que á Dirección, de xeito sistemático “denega” os permisos solicitados, “alegando falta de efectivos para a súa cobertura”, sin facer ningún outro tipo de xestión para facilitar ós traballadores/as os descansos que por Lei lles pertencen.

Esta falta de efectivos é consecuencia da mala xestión dende hai anos por parte da Dirección deste hospital cara ós/as traballadores/as eventuais das listaxes de contratación, onde só se lles ofertan “contratos lixo” que asinan mes a mes, sen dereito a vacacións, a unha carteleira planificada que permita conciliar a súa vida persoal, e sen dereito a enfermar ou ter un accidente, xa que logo as deixan sen contrato ata que se recuperan. Todo isto supuxo a continua migración do persoal dispoñible para substitucións cara outros hopitais onde lles ofertaban millores contratos e respectaban os seus dereitos.

Despois de todo o acontecido durante as distintas ondas da pandemia, onde o persoal deu todo de sí e mantivo en funcionamento os servicios, non imos aceptar que a Dirección siga a denegar os permisos que legalmente lles corresponden.

Os aplausos e o recoñecemento ós traballadores teñen que pasar por xestións activas para facilitar os descansos que se merecen.

Dende a Xunta de Persoal fan un chamamento ós traballadores/as e a cidadanía a secundar esta concentración para esixir a esta Xerencia que faga o seu traballo, atope unha pronta SOLUCIÓN ou do contrario que DIMITA.

Exit mobile version