Madrid, 5 de novembro de 2021. O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo quere manifestar a súa sorpresa ante a cancelación da reunión da Mesa industrial de Vestas prevista o pasado mércores 3 de novembro e celebra que se convocra unha nova reunión no día de hoxe que contou coa asistencia do director xeral de Industria e Peme, Galo Gutiérrez.
Tras a cancelación, a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, trasladou nunha chamada telefónica á conselleira de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana, a súa indignación pola cancelación da reunión e a confusión que xerou sobre o compromiso do Goberno na procura de solucións e na defensa do emprego na planta de Viverio. A reunión cancelada, segundo consta na convocatoria oficial, era da mesa industrial de Vestas, non unha reunión interna como hoxe sinalou a conselleira na reunión.
O Director xeral de Industria lamentou a decisión de Vestas de non reverter a súa intención de despedir aos 115 empregados a pesar de anunciar que mantería o emprego ata fin de ano. Para o Goberno sería necesario que a empresa prolongue o período de consultas ata o 31 de decembro, como solicitaron os sindicatos. “El Gobierno está trabajando, como en otras crisis industriales y sin tibieza alguna, en la búsqueda de una solución definitiva que asegure el mantenimiento de las capacidades productivas y el empleo en esta comarca”, lembrou o director xeral.