O Valadouro, 18 de novembro, 2021. Este domingo 21 de novembro ás 19:00 horas a Delegación de Cultura do Concello de Valadouro sigue celebrando o seu programa Outono de Teatro coa obra O Grocho que representa o grupo Teatro de Ningures.
Este espectáculo, que como de costume no Concello do Valadouro, é de balde e orientado para familias e particulares que na tarde do domingo poden achegarse ata o salón de actos da casa da cultura do Concello do Valadouro.
A obra representa a historia dun pequeno ogro que vive só coa súa nai nunha casa no medio dun tupido bosque, apartado da comunidade. O día en que empeza a ir á escola e ve a outros nenos descobre a súa diferenza, non só no seu tamaño, senón tamén no seu instinto: é o fillo dun ogro que a súa nai amou de forma apaixonada.
O Grocho, cos seus seis anos, a súa forza extraordinaria e a súa terrible herdanza, intenta reconcíliarse coa súa parte oculta, dominar os seus instintos nun intento de parecerse aos demáis.. Para elo ten que superar tres probas….
Esta obra está promovida polo programa Falaredes 2021 de dinamización lingüística que fomenta as actividades de lecer no idioma galego e en colaboración coa Mancomunidade de municipios da Mariña.