Site icon Crónica3.com A Mariña

O deporte e o Martínez Otero van collidos da man

Este venres o alumnado de 6° de Primaria do colexio Martínez Otero de Foz participou en Lugo nunha xornada de iniciación ao “piragüismo-dragóns”. Esta modalidade, incluída dentro do programa XOGADE da Xunta de Galicia, obriga a que os pícaros e pícaras traballen en grupo, dentro dunha mesma embarcación, para chegar, así, a “bo porto”. O alumnado de 6° desfrutou ao máximo desta novidosa e deportiva experiencia. Cando se trata de facer deporte e pasalo ben non hai frío que valla!

Exit mobile version