Arias lembrou que durante o verán probouse con éxito un programa de asistencia no Camiño Francés no que colaboraron a Xunta, Cruz Vermella e Mapfre, e que se estenderá o próximo ano a outras rutas. O plan inclúe patrullas móbiles de socorristas que percorrerán o Camiño en bicicleta para prestar acompañamento, asistencia e asesoramento, así como distintos puntos fixos de asistencia como o que funcionou en Portomarín durante o proxecto piloto.