Site icon Crónica3.com A Mariña

O Cónsul Xeral do Uruguai en Galicia visitou Ribadeo

Ribadeo, 26 de novembro de 2021. O Cónsul Xeral do Uruguai en Galicia visitou hoxe Ribadeo.

O alcalde, Fernando Suárez, explicou que “hoxe recibimos a visita do novo Cónsul Xeral do Uruguai en Galicia, Ramiro Rodríguez Bausero, quen fixo unha parada en Ribadeo. Estivemos analizando as relacións pasadas, presentes e futuras entre Ribadeo e a República Oriental del Uruguai”.

O rededor dixo que “nesta visita institucional, o Cónsul asinou no libro de honras do Concello para deixar testemuño da súa visita. Asemade, estivemos analizando as relacións pasadas entre estas dúas terras, pois o Uruguai foi país de acollida de numerosas familias galegas, especialmente de Ribadeo, nos séculos XIX e XX. E tamén mantivemos vivos os contactos de futuras colaboracións, especialmente no tocante a unha nova edición do Ribadeo Indiano 2022, sempre que as circunstancias sanitarias permitan a normal organización deste evento”.

Exit mobile version