Viveiro, 23 de novembro de 2021. O Concello de Viveiro e a súa alcaldesa, María Loureiro, queren dar públicamente a noraboa a Pablo Rodríguez, policía nacional da Comisaría de Viveiro e premio Meninas 2021.
Onte pola tarde, na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela, tivo lugar o acto de entrega destes recoñecementos con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Trátase duns premios que concede a Delegación do Goberno en Galicia a personas e institucións que destacan pola súa loita fronte á violencia de xénero.
Ao acto acudiu Jesús Fernández, 1º Tenente de Alcalde de Viveiro, xa que uns destes recoñecementos se lle deu a Pablo Rodríguez, que é policía investigador da UFAM (Unidade de Atención á Familia e á Muller). Déuselle pola súa labor promovendo a prevención e impartindo charlas en centros educativos e a distintos colectivos.
“Estamos en débeda con persoas como Pablo Rodríguez e co conxunto das forzas de seguridade, que traballan para mellorar as nosas vidas e poñer fin a lacras como a violencia de xénero”, asegura a alcaldesa de Viveiro.