Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro habilita un autobús para acudir á manifestación en defensa da sanidade pública este domingo en Santiago

Viveiro, 10 de novembro de 2021. O Concello de Viveiro informa que pon un autobús a disposición dos veciños e veciñas que queiran acudir este domingo, 14 de novembro, á manifestación que terá lugar en Santiago de Compostela, ás 12:00 horas, na defensa da sanidade pública, convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública.

O autobús sairá ás 9:00 horas da estación de autobuses de Viveiro. Recoméndase a aquelas persoas que queiran desprazarse neste autobús que se anoten previamente nos números de teléfono 982 560 128, 982 140 654, 982 581 861 ou 667 052 058, para comprobar que existen prazas dispoñibles.

Exit mobile version